Presentación del libro Sala 5
Presentación por parte do autor do libro e do club de lectura. Intervén: Nacho Alonso do club de lectura “Sala 5”.
Sinopse: Unha experta psicoterapeuta, atrapada nunha complexa crise persoal, convídanos á súa consulta para revelarnos as súas insólitas fórmulas de enfocar os máis variados problemas dos seus pacientes. Entre as sesións, visitaremos o Tonys´s, o punto de reunión dos e as alienistas. Dende alí, acompañados dun elenco de personaxes entrañables e rocambolescos, viaxaremos por singulares experiencias vitais e compartiremos os seus avatares sentimentais máis íntimos.
Jorge García é Psicólogo Clínico no Hospital da Coruña, Grao de Doutor (Promoción da Saúde, 2000) Profesor Asociado na Universidade da Coruña (2002-2017). Autor de contidos audiovisuais de formación, proxectos de divulgación e publicacións científicas.
Tras unha longa traxectoria profesional como clínico, investigador e docente no campo da Saúde Mental, debuta como novelista con Sala 5.
Neste libro, a ampla bagaxe como psicoterapeuta, a afección pola narrativa, e un singular sentido da vida conflúen para construír un relato desenfadado, tinguido de emocións e vivencias tan únicas como universais.